Buscan sen éxito durante todo o día o home que caeu ao río Tambre en Sigüeiro
Publicado o 11/12/2019 20:56
O home caeu ao río na zona da illa do iefuxio, nas proximidades de Sigüeiro. Segundo parece, algunhas das persoas que o viron caer intentaron rescatalo, pero foi imposible porque o río baixa con moita auga e a corrente é moi forte.
Na súa busca participaron desde primeira hora efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Policía Nacional. A primeira hora da tarde incorporáronse efectivos da Axencia Galega de Emerxencias con drons e un vehículo anfibio, na zona da Barciela. Tamén se achegou ao lugar unha ambulancia despois de que a policía recibira unha chamada alertando da localización dun corpo, pero resultou ser unha falsa alarma.