Buscan os autores de sete asaltos a cabinas de peaxe da contorna de Vigo
Publicado o 23/03/2021 13:31

Ante o peche de moitos locais de hostalería pola pandemia, os ladróns de máquinas comecartos buscan novos negocios. Multiplícanse os asaltos nas cabinas de peaxe das autoestradas, o último nas de Domaio, nas inmediacións da ponte de Rande.
A Garda Civil investiga sete en dous meses, todos na zona sur do país, polo que se sospeita que os ladróns residen en Vigo. Aproveitan cando marchan os empregados, para rebentar as cabinas de cobro, e utilizan coches roubados para evitar que os identifiquen polas cámaras de seguridade.
Unha traballadora observou como actuaban desde un edificio de servizo da autoestrada, no Porriño.