CRTVG

Buscar

Buscan os autores da malleira que acabou coa vida dun mozo de 24 anos na Coruña

Publicado o 03/07/2021 21:02

Unha gravación realizada cun teléfono móbil puido desencadear o enfrontamento. Varias persoas mallaron brutalmente no mozo ata deixalo inconsciente e gravemente ferido no chan. Eran as tres da mañá e o barullo alarmou algúns veciños.

O mozo foi trasladado ao CHUAC en estado crítico. Os médicos intentaron reanimalo durante preto de dúas horas, pero finalmente faleceu no hospital. Tiña 24 anos. A Policía Nacional asumiu a investigación do suceso. Os axentes analizan as gravacións das cámaras de seguridade da zona para tratar de identificar as persoas implicadas na brutal agresión.

Tamén revisan os rexistros de clientes dos locais de ocio nocturno próximos, obrigatorios debido ás medidas de seguridade pola pandemia. Polo momento, non se comunicaron detencións. A xuíza instrutora decretou o segredo sumarial do caso.

Noticias web

03/07/2021