CRTVG

Buscar

Buscan os asistentes a un funeral na Fonsagrada para que fagan as probas porque houbo dous familiares que deron positivo en covid-19

Publicado o 24/10/2020 21:26

Hai uns días na Fonsagrada celebrouse un enterro e agora buscan os asistentes por se puidesen estar contaxiados de covid-19. Búscanos porque dous familiares da defunta, unha muller centenaria veciña do lugar, deron positivo en coronavirus.

Antes do funeral a familia velou a muller no tanatorio e alí asistiron amigos e veciños a dar o pésame. Calquera dos que se pasase por alí puido resultar contaxiado. En principio non hai preocupación.

De momento, xa foron varios os asistentes que comunicaron os seus datos para que as autoridades sanitarias decidan as medidas que deben adoptar para evitar que se produzan contaxios.

Noticias web

24/10/2020