CRTVG

Buscar

Buscan o home que atacou dúas mulleres con ácido en Málaga

Publicado o 13/01/2021 18:50

Unha das vítimas era a súa exparella

En Málaga, a Policía Local de Casabermeja pide a colaboración cidadá para localizar este home. Acúsano de queimar onte dúas mulleres con ácido mentres estaban no interior do coche. Unha das vítimas era a súa exparella.

O vehículo en que ían as mulleres acabou chocando cun farol. Un helicóptero tivo que acudir á zona para atender e trasladar as feridas ao hospital. Ese mediodía, o Concello acolleu un acto de repulsa contra este crime machista.

Noticias web

13/01/2021