CRTVG

Buscar

Buscan no fondo mariño as nenas desaparecidas en Tenerife

Publicado o 07/05/2021 16:43

Refórzase a busca no mar das dúas nenas desaparecidas en Tenerife canda seu pai. A Garda Civil vai empregar un sonar para rastrexar o fondo mariño, capaz de detectar calquera obxecto.

Unha das hipóteses que se manexan é que o pai, Tomas Gimeno, idease un plan de fuga transbordando a un veleiro para cruzar o Atlántico. A Interpol publicou as fotografías das nenas para que se difundan por todo o mundo.