CRTVG

Buscar

Buscan dous mozos desparecidos en Pontevedra dende hai unha semana

Publicado o 14/12/2020 19:00

Hoxe cúmprese unha semana da dasaparición de dous veciños de Pontevedra
Son un mozo de 23 anos, Aarón Trabazo e unha moza de 25, Judit Jiménez. As súas familias pensan que os dous están xuntos e fan un chamamento á colaboracion cidadá para dar co seu paradoiro. A desparecida é de complexión delgada, morena e non supera o 1,52 de estatura. O mozo ten diferentes tatuaxes polo corpo, mide un metro sesenta centimetros e tamén é de complexión delgada. Nos últimos días algunhas persoas situábanos en Marín e en Ourense. Porén as súas familias nada saben deles dende hai unha semana

 

Noticias web

14/12/2020