Buscan dous atracadores que fuxiron con 165.000 euros dun banco en Vigo
Publicado o 01/05/2021 19:03
Xa trascendeu a contía do botín que o venres levaron dous atracadores desta sucursal de Abanca no barrio vigués de Coia. Ascende a 165 mil euros.
A Policia Nacional segue na procura das dúas persoas que armadas ataron de mans aos empregados e unha clienta.
Tras perpetrar o atraco trataron de fuxir no coche dunha das traballadoras da entidade pero finalmente utilizaron outro vehículo.