Buscan catro persoas que deron positivo en Lugo
A busca realízase por orde xudicial. Hai dez días que no Fogar do Transeúnte non saben nada destas catro persoas que foran diagnosticadas de covid-19. Ao parecer, os fuxidos xa foran sancionados en varias ocasións por non facer uso da máscara na vía pública e por incumprir o confinamento despois de dar positivo na PCR.
Ao tratarse de persoas sen fogar, a súa busca estase a complicar, a pesar de que os axentes levan días rastrexando todas as prazas e rúas da ciade. No dispositivo de busca traballan a Policía Autonómica, Nacional e Local.
Unha vez localizados poderían ingresar no módulo de custodia penitenciario co que conta o HULA para que cumpran obrigatoriamente a corentena. Lembremos que non cumprir coa corentena é un delito contra a saúde publica que está penado con elevadas sancións económicas.