CRTVG

Buscar

Buscan os responsables de varios atracos na área de Padrón

Publicado o 07/07/2019 15:25

Continúa a investigación por parte das autoridades para deter os responsables de varios atracos da área de Padrón. Producíronse catro dende o xoves pasado e todos en gasolineiras. Pénsase que están relacionados porque o modus operandi e a descrición dos asaltandes é moi parecida. Son dous motoristas, un deles con casco. Vagan polos arredores da estación de servizo ao axexo ata que un se decide a entrar e ameazar os empregados para que lle entreguen os cartos que teñen. Actuaron na Escravitude, Ames, Teo e onte mesmo na Picaraña.

 

Noticias web

07/07/2019