CRTVG

Buscar

Buscan os asaltantes dun empresario de Lugo

Publicado o 21/03/2019 14:26

En Lugo, a Policía Nacional segue a buscar os tres asaltantes que mallaron e roubaron un empresario da cidade as portas da súa casa.

O home segue ingresado no hospital a causa das feridas que sufriu. Foi abordado por tres persoas encapuchadas, que ían armadas con pistolas e un coitelo. Mallaron nel e deixárono atado no garaxe. Ao parecer, os ladróns levaron 20.000 euros que o home levaba consigo, así como o seu reloxo e as chaves do seu negocio, unha empresa de gasóleos.

Noticias web

21/03/2019