CRTVG

Buscar

Buscan unha rapaza desaparecida en Cangas o luns

Publicado o 23/07/2020 11:37
Buscan unha rapaza desaparecida en Cangas o luns

Os familiares dunha moza de 16 anos denunciaron a súa desaparición en Cangas do Morrazo este pasado luns.

A asociación SOS Desaparecidos informa deste caso, en que destaca que a moza foi vista por última vez o luns, cando vestía un top branco e un pantalón militar.

No seu anuncio, detalla que mide 1,50 metros e ten o pelo louro.