CRTVG

Buscar

Buscan unha muller de 84 anos desaparecida en Carmona (Sevilla)

Publicado o 03/10/2019 13:31

A Garda Civil e a Policía Local de Carmona continúan buscando unha veciña desaparecida esta fin de semana nesta localidade sevillana.

Os rastrexos estanse facendo nas proximidades do domicilio da muller desaparecida, de 84 anos de idade, unha zona en que hai varios pozos e minas.

O seu fillo, que en principio estaba tamén en paradoiro descoñecido, foi localizado no domicilio familiar. O home, de 54 anos, foi interrogado polos axentes e quedou en liberdade.

Noticias web

03/10/2019