A Garda Civil localiza nun hotel de Lugo a muller desaparecida en Sarria

A Garda Civil localizou nun hotel da cidade de Lugo a Ana María Ares, a muller de 47 anos de idade, veciña da localidade de Sarria, da que non se sabía nada desde a mañá de onte, cando marchou para ir traballar a Lugo.
Fuentes da Benemérita informaron a EFE de que a persoa desaparecida foi localizada ás 13:45 horas nun hotel da capital lucense e desde alí foi trasladada a un centro médico para ser sometida a unha revisión.
Nas últimas horas, activouse o protocolo de persoas desaparecidas e abriuse por parte da Garda Civil unha investigación para aclarar cales poden ser as circunstancias da ausencia de Ana María Ares, que foi concelleira socialista no municipio de Sarria.
Na procura participaron desde onte axentes de Seguridade Cidadá e da Garda Civil de Tráfico.