CRTVG

Buscar

Busca o remitente dunha mensaxe que atopou nunha botella guindada ao mar

Publicado o 29/10/2020 20:52

Unha muller busca o remitente dunha mensaxe que chegou por mar a Oia hai máis de 20 anos. Trátase dunha carta que un mozo canadense lanzou ao océano coa esperanza de que alguén a atopase e lle respondese.

Da botella en que chegou a mensaxe xa non queda nada, pero Mary garda con agarimo a carta que estaba dentro. No confinamento, movendo cousas, atopouna entre a súa correspondencia e decidiu retomar a busca do autor da misiva. Lembra que a atoparon cando baixaron ás pedras para ver que deixara a marusía.

Na mensaxe vén o enderezo do rapaz no Canadá, e con iso e o seu nome retoman a busca a través das redes sociais. Quere cumprir o desexo daquel mozo que mandou unha carta con 16 anos e que podería ter a súa resposta aos 37.

Di Mari que se consegue porse en contacto con el, non lle importaria coñecelo nunha viaxe ao Canadá.

Noticias web

29/10/2020