Burela pecha por segunda vez en catro meses
Burela volve pechar. "Mala sorte, ou que non temos coidado, non sei o que pasa"; "É unha tras outra, non te das recuperado dunha para outra"; "Si hai facelo que lle imos facer", son algunhas das voces que se escoitan na vila.
Os hostaleiros din que volver pasar o ferrollo pon o sector ao límite. "Agora que ibamos ben, outra vez pechar, mal"; "Somos os que facemos todas as normas e outra vez os máis perxudicados".
É o segundo peche en catro meses para un municipio pequeno, pero cunha alta densidade de poboación, máis de 1.200 habitantes por quilómetro cadrado. Esta podería ser a explicación á escalada de contaxios.
"Hai moitos confinados, haber si hai sorte e esta é a definitiva"; "Vense sen máscara e os que o fan ben tamén sofren estas consecuencias"; "Sairemos o menos posible, é o que aconsellan, o que nos toca vivir"
As autoridades sanitarias cren que a experiencia acadada co gromo do verán permitirá volver reducir as cifras. "Fomos capaces de reducir e volver a taxas de incidencia máis baixas de Galicia, e o obxetivo destas medidas é no menor tempo posible conseguir outra vez isto", sinala o xerente da área sanitaria Lugo, Monforte e A Mariña, Ramón Ares.
A vila supera a trintena de casos.