CRTVG

Buscar

Bugallo di que o nomeamento de Miñones é un gran pulo á súa carreira política

Publicado o 31/03/2021 21:13

O alcalde de Santiago di que a elección de José Miñones como delegado do Goberno en Galicia é un recoñecemento importante á súa carreira política. Para Bugallo este nomeamento evidencia ademais un cambio no Partido Socialista á hora de designar delegado do Goberno en Galicia.

"Normalmente eran persoas para as que ser delegados do Goberno reprsentaba, dalgunha maneira, unha culminación ou un epílogo da súa carreira política. No caso de José Miñones é evidente que esa lectura non cabe facela. É unha promesa política que recibe un pulo importante", di Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago.

Noticias web

31/03/2021