Bruxelas pídelle a Sánchez unha política fiscal "prudente"
Publicado o 02/06/2021 15:22
Os expertos din que España volve estar nunha situación de alto risco para os mercados financeiros, coa débeda pública disparada xa no 120 % do PIB.
Hoxe Bruxelas pediulle ao Goberno de Sánchez que faga unha política fiscal prudente, e que vixíe o gasto público. Diso dependen os 140.000 millóns de euros que España agarda recibir.
O executivo comunitario recoméndalle ao Goberno español vixiar o gasto corrente. Con todo, por segundo ano consecutivo, non fixa ningún obxectivo de redución do déficit.