CRTVG

Buscar

Bruxelas pídelle a España a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial

Publicado o 30/09/2020 15:19

Bruxelas somete a exame a calidade do estado de dereito nos 27 países membros. No caso de España, sinala varios desafíos pendentes. O máis urxente, a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, imprescindible para que non sexa vulnerable á politización, segundo o documento.

Tamén pon o foco na relación entre a Fiscalía Xeral do Estado, á fronte da que está a exministra socialista Dolores Delgado e o Executivo. Bruxelas constata que é obxecto de debate porque é o Goberno quen nombra o fiscal, o que pode condicionar a autonomía da institución. 

Noticias web

30/09/2020