CRTVG

Buscar

Bruxelas mellora a previsión de crecemento de España para 2021 e 2022

Publicado o 12/05/2021 11:20
Bruxelas mellora a previsión de crecemento de España para 2021 e 2022

A economía española será a que máis medre na Unión Europea ao longo deste 2021 e o 2022. A Comisión Europea (CE) revisou este mércores á alza a súa previsión de crecemento do PIB español en tres décimas para 2021, ata o 5,9 %, e nun punto e medio para 2022, ata o 6,8 %.

Tras caer un 10,8 % en 2020 polo efecto da covid-19, a Comisión Europea prevé que o PIB español recuperará en 2022 o nivel previo á pandemia. Será grazas ao impulso da demanda interna e externa e á chegada dos fondos de recuperación europeos, di o Executivo comunitario.

Con todo, as previsións macroeconómicas presentadas pola Comisión son algo máis pesimistas que as do Goberno español, que proxecta un aumento do PIB do 6,5 % este ano e do 7 % o que vén.

Noticias web

12/05/2021