CRTVG

Buscar

Bruxelas investiga se as axudas a PSA para investir en Vigo son legais

Publicado o 01/07/2019 12:40
Bruxelas investiga se as axudas a PSA para investir en Vigo son legais

A Comisión Europea (CE) abriu este luns unha investigación en profundidade para analizar se o plan de España de conceder 20,7 millóns de euros en axudas públicas ao grupo PSA para investir na súa factoría de Vigo cumplen coas normas europeas de axuas de Estado a rexións. 

"A Comisión vai vai investigar meticulosamente se as axudas previstas de España son realmente necesarias para que Peugeot invirta en procesos de produción verdadeiramente innovadores en Vigo e se van a desenvolver a rexión sen falsear indebidamente a competencia ou ir en detrimento da cohesión na UE", dixo nun comunicado a comisaria europea da Competencia, Margrethe Vestager.

A apertura da investigación da a España e a terceiras partes a oportunidade de pronunciarse sobre o caso e non prexulga de ningún modo o resultado final, que deberá determinar se se cumplen as normas.

O grupo PSA, fabricante de Peugeot e Citroën, está investindo 500 millóns de euros en novas liñas de produción e en melloras do proceso produtivo na fábrica de Vigo.

O traballo nas novas liñas comezou en 2015 e en 2017 España notificou á Comisión que desexaba conceder axudas públicas a este proxecto por un total de 20,7 millóns de euros. Bruxelas "dubida" de que as axudas previstas "se axusten a todos os criterios" que esixe a Unión Europea para permitir que os Estados dean axudas públicas ás rexións máis desfavorecidas para impulsar a súa economía, indicou a Comisión.

En concreto, o Executivo comunitario teme que PSA realizara o investimento en Vigo incluso sen axudas do Estado ou que esta contribución pública poida atraer este proxecto de investimento a Galicia desde outra rexión máis desfavorecida doutro país da UE.

Ademais, as normas sobre axudas rexionais non permiten que se beneficien deste apoio as grandes empresas que invisten en instalacións xa existentes salvo que esas inversións permitan cambios fundamentais e innovadores no proceso de produción que se apliquen por primeira vez nese sector no Espazo Económico Europeo. Neste sentido, a Comisión "dubida de que o proceso de produción previsto sexa o suficientemente innovador como para poder acollerse a esa excepción", explica nun comunicado.

Bruxelas tamén ten dúbidas sobre a contribución que terána s axudas ao desenvolvemento rexional e sobre a súa "idoneidade e proporcionalidade". Da mesma maneira, non pode descarar polo momento que vaian ter efectos negativos sobre a competencia no mercado de turismos ao que se dirixen os investimentos de PSA.