CRTVG

Buscar

Bruxelas aproba o fondo español para recapitalizar empresas

Publicado o 19/07/2021 20:45
Bruxelas aproba o fondo español para recapitalizar empresas

A Comisión Europea autoriza a España a axudar ás empresas con problemas de capital pola pandemia. Bruxelas cre que o fondo de capitalización español, dotado con 1.000 millóns de euros, é proporcionado e non vulnera as limitacións comunitarias ás axudas estatais. O fondo fixa axudas de entre 3 e 25 millóns de euros para empresas que rexistrasen caídas nas vendas superiores ao 20%.

Noticias web

19/07/2021