CRTVG

Buscar

Britney Spears recupera a súa liberdade ao renunciar o seu pai á súa tutela

Publicado o 13/08/2021 09:57
Britney Spears recupera a súa liberdade ao renunciar o seu pai á súa tutela

Britney Spears recupera a súa liberdade. O pai da artista renunciou hai unhas horas á súa tutela, e así llo fixo saber á corte dos Ánxeles.

Esta era a publicación que aparecía nunha das redes sociais de Britney nada máis coñecerse a noticia. Unha imaxe simbólica.

Jamie Spears no documento xudicial explica que non será unha renuncia inmediata, senón unha transición ordenada.

O representante legal de Britney mantén aberta una investigación sobre a xestión dos bens da cantante nos últimos anos, coa que pretende demostrar que o paí colleu millóns á conta da filla.

Noticias web

13/08/2021