Ábrese o prazo para solicitar o Bono Concilia
Publicado o 27/07/2020 22:45

Mañá martes ábrese o prazo para solicitar o Bono Concilia.
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a orde que regula a concesión destas axudas que se poden pedir ata o 27 de agosto.
Van dirixidas a aqueles menores de tres anos que quedaron sen praza nunha escola infantil pública. Son prestacións de entre 45 e 250 euros mensuais, e o investimento inicial é de 1,7 millóns de euros.