CRTVG

Buscar

Ábrese o prazo para solicitar axudas na compra de vehículos eléctricos

Publicado o 12/09/2021 20:04

A Xunta abre este luns un novo prazo de solicitude de axudas para a adquisición de vehículos eléctricos e para a instalación de puntos de recarga. Son subvencións do programa Moves III, impulsado polo Goberno, que asigna a Galicia preto de 23 millóns de euros.

Os apoios para a compra de motocicletas, turismos e furgonetas eléctricos oscilan entre os 700 e os 9.000 euros. Concederanse por orde de rexistro. No que respecta á implantación de infraestruturas de recarga, as achegas serán de entre o 30 e o 80 % do custo. O prazo para tramitar as solicitudes remata a finais do ano 2023.

Noticias web

12/09/2021