Breogán e Valencia honran en Vigo a memoria de Quino Salvo
Publicado o 05/09/2021 14:11
Na quinta edición do Memorial Quino Salvo, o recordo do xogador vigués marchou para Valencia, grazas ao triunfo do conxunto taronxa ante o Río Breogán por nove puntos. Tan só catrocentas persoas puideron ver o partido no pavillón das Travesas de Vigo, por mor do protocolo da covid.
O cadro de Joan Pañarroya chegou sen os internacionais eslovenos, pero con Dublievich ou Claver en plena forma. Por parte do Breogán, un día máis, o esloveno Musa demostrou que é o xogador de referencia para Paco Olmos e o que vai marcar o camiño dos lucenses nesta campaña de retorno á liga ACB.