CRTVG

Buscar

Breogán e Leyma afrontan mañá o partido decisivo por estar na final de ascenso

Publicado o 08/06/2021 15:45

Se algo demostrou o Básquet Coruña este ano é que fóra da casa non baixa o rendemento. Por iso viaxan a Granada con mentalidade positiva e ambición. Están ás portas de facer historia e clasificarse por vez primeira para unha final polo ascenso.

Javi Vega: "Ademais gañamos alí, que é máis difícil, e demostramos que se xogamos co noso sinal de identidade, defensa e nivel físico alto, gañamos gran porcentaxe dos partidos contra eles".

Eliminatoria igualada. 2-2 no cómputo xeral da temporada.

"Agora mesmo eles están co ánimo máis arriba, crendo que poden. Pero nós tamén estamos picados, temos ganas, temos orgullo"

Orgullo e valentía para seguir soñando.

"Cabeza fría, intentar cometer os menos erros, pero tamén sendo valentes".

O detalle diferencial no Breogán pode ser o efecto Pazo

Mo Soluade: "Xogar aquí coa nosa afección apertando ao máximo... complícalles a cousa. Hai moi poucos equipos que nos poidan gañar aquí".

Non puideron gañar os lugueses en Alacante, pero na casa só perderon dous partidos, os dous con marcador apertado.

"Se xogamos un bo partido aquí, facendo o que sabemos en defensa, ataque... podemos sacalo".

O Pazo ditará sentenza. 

Noticias web

08/06/2021