CRTVG

Buscar

Brasil golea a Perú e xa está clasificada para os cuartos de final da Copa América

Publicado o 18/06/2021 14:20

Esta madrugada, na TVG, Arxentina-Uruguai (2:00)

4 a 0 gañou Brasil ao Perú do céltico Renato Tapia. Con este resultado xa está clasificada para os cuartos de final. O 1 a 0, entrando desde atrás, marcouno Álex Sandro.

O segudo foi de Neymar. O mellor xogador do partido. Neymar participou en todos os goles da canarinha.

O 3 a 0 marcouno Éverton, minuto 89.

E xa no engadido, o cuarto. Acción coral que culmina Richarlison.

Gran partido dun emocionado Neymar, cada vez máis preto de igualar os rexistros goleadores do rei Pelé.

Noticias web

18/06/2021