CRTVG

Buscar

Brasil e Venezuela pasan a oitavos da Copa América

Publicado o 23/06/2019 13:28
Brasil e Venezuela pasan a oitavos da Copa América

Brasil necesitou pouco máis de media hora para afastar as pantasmas de Foxborough cun triunfo convincente.

O centrocampista do Real Madrid Casemiro logrou o primeiro, logo de rematar ao pao e insistir tralo rexeitamento

Era o minuto 12...Perú quería refacerse do golpe cando apañou un gol deses que deixan tocado a calquera. Erro de Gallese, Firmino en modo pillabán...e logo dando mostras da súa clase.

E no 32 a sentenza. Golde Everton, boa xogada sí...pero de novo colabora o gardaredes peruano que non pecha o primeiro pao por abaixo.

Xa na segunda metade, o lateral do PSG, que xa anunciou que non seguirá no equipo parisino, remata cun bo lanzamneto unha das súas clásicas incorporacións ao ataque...

Parecía o catro a cero castigo dabondo, pero quen contaba con William que marca ao seu xeito: caneo, dereitazo e manciña de Brasil a Perú.

Un pouco tarde para demostar a súa valía, pero Gallese, no engadido paroulle unha pena máxima a Gabriel Jesús.

No triunfo de Venezuela sobre Bolivia a estrela foi Darwin Machís cun dobrete para colocar aos de Dudamel entre os oito mellores do campionato.

Aos dous minutos de xogo Ronald Hernández centrou desde a dereita e Machís colle vantaxe sobre Bejarano e remata de cabeza para lograr o un a cero.

O gol máis temperán da Copa América deu paso a dous lanzamentos ao pao de Bolivia, case de xeito consecutivo, un de Arano e outro de Castro...

Na segunda metade volveu Venezuela e volveu Machís cun lanzamneto duro. 2 a 0 sen opción para Lampe.

A tímida reacción dos bolivianos chegou a 8 para o final: Leonel Justiniano coa dereita bate a Faríñez...

A sentenza no minuto 87, Josef Martínez de cabeza marca tras gran pase de Soteldo...o soño da vinotinto continua...









 

Noticias web

23/06/2019