CRTVG

Buscar

O Brasil derrota con polémica arbitral O Perú e xogará a final da Copa América

Publicado o 06/07/2021 11:20

Medirase ao vencedor da segunda semifinal entre Arxentina e Colombia (esta madrugada, 03:00, TVG)

Na Copa América, Brasil derrotou a Perú cun gol de Lucas Paquetá no minuto 35 de partido. Enfrontarase na final do torneo ao gañador da outra semifinal, a de Arxentina contra Colombia, ofrecida pola Televisión de Galicia (esta madrugada, ás 03:00).

Neymar é claro, quere a Arxentina na final: "Quero a Arxentina, teño moitos amigos alí. Logo, que gañe Brasil".

A canarinha comezou moito mellor no partido ca o seu rival, dominou os primeiros 45 minutos e incluso puido marchar con maior vantaxe ao descanso. Na segunda metade, Perú deulle a volta ao dominio brasileiro, tivo ocasións para empatar o partido e forzar os penaltis. Na primeira metade, xa protestaran unha xogada, que desatou a polémica arbitral, por mans de Thiago Silva dentro do área.

Malia iso, Neymar foi contundente e criticou o colexiado: "O que fixo hoxe no partido para min non o pode facer un árbitro dunhas semifinais da Copa América".

Pedro Gallese, pola súa parte, criticou tamén as formas de Tobar: "Non podías nin achegarte a falar con el, insultaba os compañeiros". Ademais, recalcou que o penalti de Thiago Silva do primeiro tempo era moi claro.

Noticias web

06/07/2021