CRTVG

Buscar

Brasil-Arxentina: a batalla pola supremacía futbolística en Suramérica, o domingo ás 02:00h pola TVG

Publicado o 08/07/2021 13:31

O domingo ás dúas da madrugada, na Televisión de Galicia veremos a final da Copa América. 

A final esperada, a final desexada. Brasil e Arxentina. Neymar contra Messi. Dous amigos. Arxentina sen gañar o titulo practicamente desde hai trinta anos. Brasil, máis asociada á celebración.
Unha batalla dos eternos rivais, a pelexa polo cetro sudamericano de fútbol.

"Será unha loita de cara, a xente atacando. Vaise decidir en pequenos detalles", comentou Marquinhos na previa do partido.

"É un partido grande con Arxentina, xera ansiedade pero tamén vontade de xogalo", engadiu o central do PSG.

Noticias web

08/07/2021