CRTVG

Buscar

Brais, sobre Coudet: "Desde a súa chegada, confiou en min, díxome o que pensaba e o que quería de min. Téñolle moito aprecio"

Publicado o 24/02/2021 15:16

Brais Méndez falou de Coudet, que tivo un papel clave ao confiar nel desde o principio: "Desde a súa chegada, confiou en min, díxome o que pensaba e o que quería de min. Téñolle moito aprecio. Houbo un momento en que eu non estaba ben, chegou, confiou en min desde o primeiro momento e é de agradecer a súa confianza".

No relativo a se entende o funcionamento do VAR e se senten prexudicados, dixo que disto último "non se fala, son cousas que pasan e ás veces pódenche prexudicar e outras beneficiar". Pero admitiu que non o comprende "do todo". "Ao final é algo novo e irán aos poucos. Pero vexo outras ligas que vai máis rápido".

Noticias web

24/02/2021