CRTVG

Buscar

Brais Méndez é o futbolista de moda no Celta e está superando todos os seus rexistros

Publicado o 05/05/2021 17:06

• O canteirán leva sete goles no que vai de temporada

É o futbolista de moda no Celta e está superando todos os seus rexistros: Brais Méndez. Leva sete goles no que vai de temporada, sete goles en trinta partidos. Brais Méndez transformouse desde a chegada de Eduardo Coudet. Máis futbolista, máis completo, máis maduro. Imprescindible no xogo combinativo do Celta. Con momentos que son un regalo para a vista, como a acción do gol que  lle marcou na última xornada ao Levante. Brais está feliz e aínda apunta a Europa.