CRTVG

Buscar

Brais González, novo xogador do Balonmán Cangas

Publicado o 24/07/2019 16:50

O Balonmán Cangas presentou hoxe o lateral esquerdo Brais González. O xogador de Lalín, de 18 anos, asina por dúas temporadas con opción a outra máis.

Brais é un dos xogadores galegos de maior proxección. Internacional coa selección española promesas, xa coincidiu alí co seu técnico, con Nacho Moyano. Volver estar ás súas ordes foi determinante na súa fichaxe.

Noticias web

24/07/2019