CRTVG

Buscar

Braga, mellor destino turístico de 2021

Publicado o 12/02/2021 21:11

Braga, en Portugal, é o mellor destino turístico para este 2021. Foi escollido por miles de viaxeiros a través de Internet. Haberá que esperar a que todo isto amaine, pero esta xoia de Portugal estará agardando polos galegos. Ademais está moi preto, a menos dunha hora da fronteira camiño do Porto. A Rede Europea de Destinos de Excelencia seleccionouna como mellor destino europeo para este ano despois dunha votación en liña en que Braga gañou comodamente.

Esta cidade de orixe romana ofrece ducias de igrexas de alto valor artístico, as súas vivendas do século XVIII que adornan a parte histórica xunto cos xardíns que salpican toda a cidade. Conta ademais cun dos santuarios máis importantes de Europa, o Bon Xesús de Braga, Patrimonio da Humanidade. Crucemos os dedos para que poidan gozar de todo Portugal canto antes coma antes e visitar Braga, a Roma de Portugal din. Curioso que a capital italiana quedara precisamente no segundo posto desta votación. 

 

Noticias web

12/02/2021