CRTVG

Buscar

Botou a andar o festival internacional de curtas de Verín

Publicado o 06/09/2020 15:27

O auditorio municipal acolleu a gala inaugural. Ata o próximo domingo día 13 poderán verse 39 pezas procedentes de diversos países. A organización afanouse en garantir as medidas de seguridade: reduciuse o número de asistentes á sala onde se proxectan as curtas, que, ademais, trátanse cun nebulizador, hai circuítos de entrada e de saída e, por suposto, a máscara é obrigatoria. Todo para garantir que se poida gozar das proxeccións con total tranquilidade.

 

Noticias web

06/09/2020