CRTVG

Buscar

'Botellóns' menos multitudinarios pola vixilancia policial en Madrid e Barcelona

Publicado o 03/10/2021 14:04

A noite do sábado volveu deixar imaxes de botellóns en moitas cidades españolas. En Madrid, a policía tivo que desaloxar unhas dúas mil persoas no parque de Oriente despois de que uns douscentos individuos danaran o mobiliario urbano e varios vehículos.

En Barcelona, despois dos botellóns masivos durante as festas da Mercè, os Mossos d'Esquadra e a Garda Urbana vixiaron, e mesmo usaron drons, os accesos á praia da Barceloneta e ao barrio de Sarriá, que está en festas. Non se rexistraron nin os incidentes nin as detencións das últimas noites.

Noticias web

03/10/2021