Botellas e vasos contra os axentes que foron desaloxar un 'macrobotellón' en Navarra
Publicado o 24/08/2021 10:28
En Navarra, o desaloxo dun botellón na madrugada do sábado en que participaban arredor de 200 persoas acabou con detencións logo dos enfrontamentos entre a policía e a xente alí reunida.
Sucedeu na localidade de Aibar. A Garda Civil acudiu ante a chamada da veciñanza polo barullo a altas horas da noite e acabou recibindo impactos de botellas e vasos. A Garda Civil solicitou axuda á Policía Foral de Navarra, ante a magnitude da xuntanza e a actitude agresiva dos alí reunidos.
O resultado foron estrgos no mobiliario urbano e nos vehículos policiais.