CRTVG

Buscar

Bota a andar en Verín o seu Festival de Curtas

Publicado o 08/09/2020 21:15

39 curtametraxes dunha vintena de países. 39 historias levadas á gran pantalla, instalada estes días no Auditorio de Verín ..... ( Ambiente) De Verín a Galitzia, en Polonia , un lugar afastado pero, cóntanos, moi semellante a Galicia. Esta é aventura de tres mozos verineses que nunha caravana vella pasaron 45 días, por 11 países, máis de 11 mil kms e abastecéndose con enerxía renovables.
 

Camiños de terra está dentro dun programa de curtas e documentais que van desde o contemporáneo ao experimental con ADN internacional, galego e, tratándose de Verín, tamén raiano. Imprescindibles no festival as actividades paralelas diarias. Traen homenaxes, debates e sorpresas. Este ano, as máis delas, dedicadas ao Entroido.

Cal será o mellor Entroido do mundo? Pero preguntouse, gravouse e fíxose película. Só aquí a resposta.
Interrogantes, emocións e máis cine conviven ata o sábado en Verín, nunha edición do Festival marcada polas estritas medidas de seguridade.














 

Noticias web

08/09/2020