CRTVG

Buscar

Bota a andar a 19 edición de Madrid Fusión dedicado á gastronomía circular

Publicado o 31/05/2021 14:30

Desde hoxe e ata o xoves o pavillón 14 do Ifema acolle a 19 edición de Madrid Fusión dedicado nesta ocasión á gastronomía circular. Un cento de cociñeiros de todo o mundo participarán nas demostracións e debates desta importante cita gastronómica que este ano ten como novidade un congreso exclusivo de viños.Dedicada á gastronomía circular, aquela que é respectuosa co medio, traballa con produtos locais e con receitas de ciclo curto, botou a andar no Ifema a décimo novena edición de Madrid Fusión.

O salón de gastronomía que reúne este ano un cento de cociñeiros entre os que destacan os españois Ángel León ou Joan Roca, o arxentino Mauro Colagreco, o colombiano Aníbal Criollo ou o ecuatoriano Juan Sebastián Pérez. Todos eles mostrarán novas técnicas e novos produtos dunha gastronomía mundial en permanente evolución.

Por primeira vez, Madrid Fusión contará cun congreso dedicado por completo aos viños e acolle tamén a segunda edición do salón sobre últimas novidades en pastelería e panadería. Relatorio e debates poderán seguirse en directo desde calquera parte do mundo sintonizando o sinal proporcionado polos organizadores do evento.

Noticias web

31/05/2021