CRTVG

Buscar

Borrell advirte que España non apoiará unha intervención militar en Venezuela

Publicado o 24/02/2019 21:16

O ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrell, advertiu hoxe de que España non apoiaría unha intervención militar en Venezuela e fixo fincapé e que a solución a esta crise terá que ser democrática coa convocatoria dunhas eleccións presidenciais.

Josep Borrell, ministro de Asuntos Exteriores: "Non todas as posicións están sobre a mesa. Advertimos claramente que non apoiariamos e condenariamos firmemente calquera intervención militar estranxeira".




 

Noticias web

24/02/2019