CRTVG

Buscar

Borrás comeza a rolda de consultas para propoñer un candidato á investidura

Publicado o 23/03/2021 15:27

En Cataluña, a presidenta do Parlament abriu unha rolda de consultas cos líderes dos partidos para propoñer un candidato á presidencia da Generalitat.

Laura Borrás comezou a rolda de consultas cos líderes parlamentarios de menor a maior representación. Esta mañá reuniuse de forma telemática cos líderes do PP, Ciudadanos e os comúns.

A presidenta do Parlamento fixou a sesión de investidura para o venres, pero o seu partido, Junts per Cat, aínda non aclarou se vai apoiar a Pere Aragonès. Junts desconfía do acordo ao que chegou Esquerra coa CUP, que inclúe, entre outros asuntos, unha moción de confianza á metade do mandato, e un "novo embate democrático pola autodeterminación".

Precisamente, mañá Borrás citou os representantes dos principais partidos independentistas e tamén o candidato do PSC. Salvador Illa vai trasladarlle que mantén a súa candidatura á presidencia da Generalitat mentres Aragonès non sume os apoios necesarios.

 

Noticias web

23/03/2021