Coudet presenta a súa dimisión no Inter e diríxese a Vigo
O Celta aínda non fixo oficial a contratación de Eduardo Coudet, pero é cuestión de horas. De feito, o técnico que substituirá a Coudet no Internacional xa está en Porto Alegre e xa foi anunciado polo equipo gaúcho, polo que ten vía libre. Iso si, no Brasil reclámanlle a cláusula de rescisión de arredor dun millón e medio de euros. O técnico arxentino asinará polo que queda de temporada e mais outra.
Un día despois da destitución de Òscar García o Celta segue sen anunciar o seu substituto nin se albisca a chegada a Vigo de Eduardo Coudet. Na tarde deste martes o arxentino asegurou nunha conversa coa emisora ESPN que aínda non alcanzara un acordo co Celta.
Tamén evidenciou que estaba incómodo no Inter de Porto Alegre, a pesar do liderado. En decaracións recentes lamentaba ter un equipo curto. Tras a súa renuncia queixouse da prensa e da falta de apoio dos mandatarios, os primeiros sorprendidos.
Marcelo Maceiras, presidente do Inter de Porto Alegre: "Sorprendidos pola petición de disimión de forma irrevogable"
Coudet está fóra do Inter e xa ten substituto. O Celta dispón de certa marxe antes do Sevilla, ao deterse a Liga polas Seleccións. A despedida de Òscar García seguiu en Instagram. Aspas, Denis Suárez e Emre Mor, desexáronlle sorte e o catalán compartiu as mensaxes cun corazón azul.
Coudet non ten presenza nas redes sociais, pero si tanto ou máis carácter que o técnico saínte.