CRTVG

Buscar

Oficial: Borja Jiménez, novo adestrador do Deportivo

Publicado o 26/05/2021 13:22

Borja Jiménez e o Deportivo chegaron a un acordo para que técnico abulense adestre ao primeiro equipo herculino durante as dúas vindeiras tempadas.

O ex-adestrador do Cartaxena quería ao seu carón a colaboradores de confianza como o vigués Álex Martínez, o director deportivo do Rápido de Bouzas, co que estivo no Baltasar Pujales, en Grecia e no Mirándes.

Finalmente, o Dépor accedeu e Álex será o segundo adestrador, mentras que o ata agora preparador físico do Fabril, Álex Martínez, ocupará agora ese cargo no primeiro equipo.



 

Noticias web

26/05/2021