Borja Jiménez, novo adestrador do Deportivo, aprende galego cos telexornais
Publicado o 26/05/2021 20:23
O Deportivo ten por meta volver a Segunda, ese difícil reto asume Borja Jiménez, novo adestrador dos herculinos. O técnico abulense, de 36 anos, asinou por dúas tempadas. O contrato inclúe unha cláusula que lle permite deixar o equipo logo dun ano, se hai acordo entre as partes. No seu currículo conta con dous ascensos á categoría profesional, co Cartaxena e o Mirandés.
Borja Jiménez estará acompañado polo vigués Álex Martínez, quen o acompañou en varios proxectos. Por aí lle vén que entenda algo de galego. E xa lle deron un consello para melloralo.