CRTVG

Buscar

Borja Jiménez fai balance da pretempada: "O grupo é receptivo a mellorar, estou contento coa predisposición"

Publicado o 19/08/2021 15:50

No Deportivo, Borja Jiménez fixo hoxe balance da pretemporada.

Ninguén agocha que o único obxectivo deste Deportivo é acadar o ascenso e volver ao fútbol profesional. Borja Jiménez aceptou ese desafío. As impresións na pretemporada foron boas. Sabe que será unha viaxe longa, con dificultades pero subliña a gran predisposición dos xogadores.

"Creo que lle demos riqueza táctica ao equipo durante a pretemporada, conforme avanza o mercado imos tendo máis recursos e imos facendo máis cousas", comentou satisfeito o adestrador.

 

Noticias web

19/08/2021