Boris Johnson di que existe unha gran posibilidade de que haxa un Brexit sen acordo
Publicado o 11/12/2020 12:12
Boris Johnson di que existe unha gran posibilidade de que haxa un Brexit sen acordo. O día despois da súa reunión con Ursula Von der Leyen, dixo nunha entrevista que era probable que as relacións comerciais entre o seu país e mais a Unión Europea estean rexidas polas normas xerais da Organización Mundial do Comercio tras o final do período de transición.
Fixo referencia a unha solución nos termos de Australia. Bruxelas activa os plans de continxencia ante a falta de garantías de conseguir o devandito acordo.