CRTVG

Buscar

Boris Johnson dá positivo en coronavirus

Publicado o 27/03/2020 12:41
Boris Johnson dá positivo en coronavirus

O primeiro ministro británico Boris Johnson deu positivo en coronavirus, segundo informou el mesmo na súa conta de Twitter. 

 

"Nas últimas horas tiven síntomas leves e dei positivo en coronavirus", explica Johnson, que permanece en corentena na súa residencia.

Di que ten síntomas leves e que permanece illado e traballando no 10 de Downing Street. No serán do xoves aínda saíu ás portas da residencia oficial para participar no aplauso ao persoal sanitario. A súa compañeira sentimental está embarazada. Johson tivo o último contacto coa raíña Isabel hai dúas semanas. Outro membro do Goberno británico, o ministro de Sanidade, Matt Hancock, tamén anunciou que está contaxiado.