CRTVG

Buscar

Boris Johnson recapacita e illarase tras dar positivo o ministro de Saúde

Publicado o 18/07/2021 18:20
Boris Johnson recapacita e illarase tras dar positivo o ministro de Saúde

Nun primeiro momento e tras saber que o titular británico de Sanidade era positivo, o primeiro ministro negouse a facer a corentena, malia ser contacto estreito de Sajid Javid.

Johnson dá marcha atrás nesa decisión de non cumprir o illamento. Tiña a intención de participar nun "programa piloto" que lle permitiría traballar con certa normalidade e baixo supervisión. As críticas recibidas fixérono recapacitar e agora entra nun programa de illamento.

O ministro de Finanzas, Rishi Sunak, tamén reverteu a decisión tomada e vai entrar en corentena. Ningún dos dous tomará parte no programa piloto e recoñecen que mesmo a mera idea de que as regras non son as mesmas para todos é un erro. O luns o Reino Unido levanta as restricións coa curva de contaxios disparada no país.