CRTVG

Buscar

Bonucci e Kane falan de "oportunidade histórica" nas vésperas da final da Eurocopa

Publicado o 09/07/2021 21:48

O domingo, ás nove da noite, en Wembley, Inglaterra-Italia, unha final inédita, sobre todo para os ingleses, que acceden á unha final do torneo continental por primeira vez na súa historia. Para os italianos, cun título no seu haber, conseguido en 1968, precisamente como anfitrioa, sería a cuarta final. O estadio terá unha acollida do 75 por cento, sen dúbida un plus de apoio para Inglaterra, aínda que Italia leva 33 partidos sen perder. Hoxe tivemos a ocasión de escoitar a dúas das figuras que se enfrontarán na final do domingo, Harry Kane e Bonucci.

Noticias web

09/07/2021